Cinco días de hamburguesas, música e diversión na Praza do Mar

Wait 5 sec.

Do 24 ao 29 de setembro, a Praza do Mar acollerá a Burger Fest 2025, un festival que mestura o mellor da gastronomía rueira cun ambiente cheo de ritmo. Este evento reunirá unha coidada selección de foodtrucks que ofrecerán hamburguesas para todos os gustos: desde as máis clásicas até as máis orixinais, pasando por opcións veganas e sen gluten. Cada posto presentará entre dúas e tres creacións únicas, preparadas con mimo, creatividade e un toque de sorpresa que conquistará até os padais máis exixentes. Pero o Burger Fest non é só para comer. O ambiente estará cargado de música en vivo, animación e unha chea de sorteos pensados para gozar coa familia e amigos. O festival terá os seguintes horarios: Mércores e xoves: de 19:00 a 00:00 horas. Venres, sábado e domingo: de 13:00 a 16:00 horas e de 19:00 a 00:00 horas. En cando ás actuacións previstas: o mércores 24 está anunciado DJ Nico Batea, o xoves 25: Adrián Torres, o venres 26: DJ Nico Batea, o sábado 27: La Mosca Valiente e o domingo 28: DJ Nico Batea. Todas estas actuacións empezarán ás 21.00 horas. Así mesmo, até o sábado 27 a organización realiza un sorteo de cincuenta hamburguesas a través das redes sociais.