"A medida que nos facemos maiores descubrimos que a felicidade non existe como tal e o que buscamos é estar tranquilos"

Wait 5 sec.

O Diego Giráldez historiador da arte, o xornalista e o escritor conxugáronse para escribir esta historia en nome dunha muller, Pilar Fonte, coa entidade suficiente como para seguir acompañando ao seu autor alí onde vai falar da novela en cuestión, As obras póstumas, gañadora do XLIII Premio Blanco-Amor de Novela e editada por Xerais. Un libro no que o porriñés recupera as sensacións de Galería de saldos (2016), un conxunto de relatos moi ben acollido pola crítica, e que xa vai pola súa segunda tirada