Todo preparado en San Xulián para celebrar as festas patronais na honra da Virxe dos Remedios

Wait 5 sec.

San Xulián está en festas. A parroquia ultima os detalles dos preparativos das súas festas patronais que, na honra da Virxe dos Remedios, se celebrarán entre os días 19 e 21 de setembro. O sábado 20 a parroquia honra á Virxe do Carme, empezando ás 9:00 horas da mañá cun pasacalles a cargo da Charanga Noroeste, acabando coa sesión vermú no atrio da festa, onde haberá un posto de venda de polbo á feira. Ás 18:00 horas da tarde, chegará a quenda do espectáculo de maxia de Óscar Fernández e, a continuación, ás 20:00 horas, será a misa solemne en honra á Virxe do Carme, seguida da procesión acompañada polo Grupo de Gaitas Carballido, que ao acabar darán un concerto. Para rematar a xornada do sábado, a comisión de festas ten preparada unha verbena a partir das 22:00 horas co Grupo Galia e o espectacular concerto de Son das Tabernas, que acaban de estrear un disco recentemente, titulado Arrancadeira. O domingo 22, a xornada está dedicada á Virxe dos Remedios. Desde as 9:00 horas a Charanga OT animará as rúas da parroquia. Ás 12:00 horas, celebrarase a misa solemne en honra á Virxe dos Remedios, seguida de procesión con acompañamento do Grupo Folclórico Buxainas nos Pés, que ao rematar dará un concerto no atrio parroquial, onde haberá outra vez pulpeiro. Xa ás 18:00 horas, será o espectáculo familiar con 2mind combined, que fará as delicias dos máis pequenos e ás 21:00 horas, comezará a verbena que estará a cargo do Grupo Tania Veiras. Ás 23:00 horas, será a gran tirada pirotécnica que porá o broche de ouro á festa. Todo o recinto estará cuberto por unha gran carpa, ante a previsión de chuvias, e haberá un bar a cargo da comisión de festas e postos de comida ambulante.