Denuncian a aparición dunha vertedura de lixo detrás de Santa María

Wait 5 sec.

Unha pila de despercicios, algúns deles voluminosos, apareceron esta fin de semana en pleno centro histórico de Pontevedra. Veciños da zona alertaron sobre a aparición deste lixo nunha parcela situada na parte traseira da Real Basílica de Santa María a Maior. A imaxe resulta aínda máis rechamante por tratarse dunha zona especialmente sensible, xunto a un monumento considerado como Ben de Interese Cultural (BIC) e que é un dos máis visitados da cidade. Este vertido incontrolado foi localizado este venres 19 de setembro. Está situado no interior dun solar, na esquina que une as rúas Isabel II e Pratería Vella. Cabe lembrar que segundo establece a ordenanza municipal de residuos, deixar sen permiso residuos voluminosos fóra dos colectores ou en lugares non habilitados pode levar sancións de entre 80 e 750 euros. RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS O Concello de Pontevedra, ademais do Punto Limpo situado no polígono do Campiño, dispón dun servizo para a cidadanía de recollida de residuos voluminosos, como poden ser mobles ou colchóns. Para utilizalo é necesario simplemente chamar ao número de teléfono 986 85 02 25 notificando quen deposita os residuos e de que tipo son.