Cubela fai balance dos investimentos en Cerdedo-Cotobade e pon unha cifra: 14 millóns de euros

Wait 5 sec.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, fixo balance dos investimentos en obras postas en marcha ou que se están a executar no municipio no que vai de ano. Asegura o rexedor que o montante global é de máis 14 millóns de euros entre os orzamentos que se manexan para executar. Son fondos propio achegados polo propio Concello pero tamén con achegas da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. "Podemos afirmar con orgullo que somos un dos municipios de Galicia que máis subvencións e convenios está a conseguir grazas á fusión municipal e á capacidade de xestión deste goberno. Todo isto redunda directamente no benestar dos veciños e veciñas", afirma Cubela. Entre as actuacións máis destacadas, segundo detallou o alcalde, figuran o Plan Especial de Área Verde de Cerdedo (2 millóns de euros), o Plan Especial da estrada Caroi-Cerdedo (3 millóns de euros) e a Gran Área Deportiva do Pavillón de Tenorio. Tamén se inclúen nestes investimentos a tramitación do Polígono Industrial de Ponte Mocín, o ensanche da estrada de Fondós a Bugarín (500.000 euros), a residencia de maiores e centro de día en Carballedo (4 millóns) e a concluída estrada de Almofrei (1,3 millóns). Ademais, enumerou outras actuacións como a restauración da igrexa románica de Santa María de Sacos (500.000 euros), o ensanche do Camiño da Veiga do Medio (200.000 euros), a restauración do taxamar de Pedre (100.000 euros), o Proxecto Aldealis, a ampliación do saneamento de Tenorio (500.000 euros), a remodelación da praza exterior da Igrexa de Santa María de Sacos (400.000 euros), a nova praza na contorna da Capela de Dorna (60.000 euros), as melloras no campo de fútbol das Extremas (200.000 euros), na Casa do Pobo de Caroi (90.000 euros), a intervención na ponte colgante de Calvelo (100.000 euros), a retirada da liña eléctrica pola residencia de Carballedo (157.000 euros), a iluminación da estrada provincial de Almofrei que se acaba de adxudicar (260.000 euros) e o cambio das luminarias a led en oito núcleos de poboación na parroquia de Cerdedo (212.000 euros). Completan a lista a expropiación de terreos en San Xurxo de Sacos para vivenda pública (87.000 euros), o Plan Máis Provincia (600.000 euros), o Plan Extra da Deputación para a praza exterior da Igrexa de Almofrei (740.000 euros) e a ampliación da PO-230 en Praderrei, Fentáns e Serrapio conxuntamente con Campo Lameiro cun total de 4,3 millóns euros.