A mellora das rúas da contorna do mercado de Sanxenxo entra na súa recta final

Wait 5 sec.

Co fresado previo á pavimentación. Así comezou a fase final das obras de mellora de todas as rúas situadas na contorna do mercado de Sanxenxo. Estes traballos arrancaron este luns co fresado nas rúas Viña da Fonte e Cesteiros, o que obrigou en momentos puntuais a desviar o tráfico por Rúa Panadeira que se habilitou como saída. A previsión é que mañá martes comecen as tarefas de pavimentación en ambos os viarios e poder iniciar o fresado en Panadeira. Para iso, a saída poderase realizar polo paso inferior de Rúa Madrid. Xa o mércores se dará comezo ao asfaltado da Rúa Panadeira e o fresado da Rúa Progreso, que culminará coa pavimentación da mesma este xoves. Ademais da ampliación de beirarrúas, o proxecto inclúe a renovación da iluminación, a sinalización e o sistema de drenaxe. Obras de mellora nas rúas da contorna do mercado de SanxenxoConcello de Sanxenxo Un dos cambios máis visibles será o traslado dos semáforos do cruzamento da Rúa do Progreso, que se recolocarán xunto aos novos pasos de peóns e adaptarán as súas ópticas. Ademais, prevese instalar unha varanda na Rúa Progreso para impedir aos peóns que crucen a calzada por zona non habilitada, do mesmo xeito que na Rúa Viña da Fonte, na plazoleta, co obxectivo de protexer o desnivel entre a praza e a nova beirarrúa. Tamén está prevista a colocación de bancos, papeleiras e a creación de dúas novas zonas axardinadas. O proxecto completarase con novos bancos, papeleiras e dúas áreas axardinadas que contribuirán a mellorar a imaxe e a funcionalidade deste punto crave do municipio. Con estas actuacións, o Concello pretende non só actualizar infraestruturas básicas, senón tamén facer máis agradable e accesible esta zona para veciños e visitantes. Obras de mellora nas rúas da contorna do mercado de SanxenxoConcello de Sanxenxo