Dúas persoas resultaron feridas este domingo pola tarde nun accidente de tráfico rexistrado no municipio de Caldas de Reis. O sinistro produciuse ás 16.20 horas na parroquia de Saiar, segundo informou Protección Civil de Caldas. No vehículo viaxaban un home e a súa filla de pouca idade, que foron trasladados en ambulancia ao hospital dO Salnés. Por causas que se investigan, o coche saíuse da vía e chocou contra un farol, arrincando ademais dous sinais de tráfico, antes de acabar impactando contra unha vivenda. No lugar do accidente interviñeron os servizos de emerxencia para atender aos ocupantes e asegurar a zona.