"O traballo artístico necesita ausencia de ruído", asegura Gonzalo Hermo, Premio Nacional de Poesía Moza Miguel Hernández en 2014 con Celebración (Apiario), que vén de publicar un novo poemario, Un xesto de tenrura (Chan da pólvora), tras sete anos dende A vida salvaxe, co que obtivo o XVI Premio Poesía Afundación 2018. Neste anos, nos que emigrou a Catalunya, confirmou que a creación literaria segue a ser o espazo de máis liberdade da súa vida