Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que recibir atención médica nun accidente de tráfico ocorrido de madrugada en Cambados. O sinistro rexistrouse sobre as 5.45 horas na estrada EP-9002 no lugar de Oubiña. O condutor, de 21 anos, tivo que ser evacuado ao Hospital do Salnes con dor torácica e cervical. Segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, tamén resultou ferido o acompañante. O accidente consistiu nunha saída de vía na que o turismo acabou impactando cunha árbore. O choque foi por un lateral do vehículo. Na intervención participaron, ademais de Emerxencias de Cambados, a Garda Civil de Trafico, Protección Civil de Vilanova de Arousa e unha ambulancia do 061. O vehículo quedou na calzada, ata que, xa de día, a Garda Civil de Tráfico autorizou a súa retirada. Vehículo accidentado en Oubiña, en CambadosServizo de Emerxencias