Paisajes progresivos #54. É isto rock progresivo?

Wait 5 sec.

Alberto Pazo pecha o ano ao grande con esta edición do podcast. "Aproveitando o título da primeira canción que lembramos, 'This is Not a Prog Song', imos dedicar a edición a escoitar o que ocorre cando grandes bandas de rock progresivo bótanse ao monte (é dicir, a facer pop mainstream) para tentar adaptarse aos tempos, chegar a un público máis amplo e, por que non, obter suculentos dividendos". "Ás veces o resultado é sorprendente e visto con perspectiva mesmo aceptable; outras... mellor non falar". "Soan os propios RPWL, Steve Wilson, Genesis, Yes, Emerson Lake and Palmer, Barclay James Harvest, Banco do Mutuo Socorso, Premiata Forneria Marconi, Marillion, Area, Spock's Beard, The Flower Kings e IQ". "Todos cometeron os seus pecados que se lles perdoan pola súa grandeza. Ah!, e non nos esquecemos das datas nas que estamos polo que hai tempo tamén para algunhas panxoliñas á maneira progresiva". "Que o gocedes, que pasedes unhas felices festas e escoitámonos á volta da pausa do Nadal".