Medio millar de persoas apúntanse a correr nunha San Silvestre que se vai consolidando en Soutomaior

Wait 5 sec.

Preto de 500 persoas inscribíronse nunha nova edicion da San Silvestre de Soutomaior, que este sábado 27 de decembro demostrou que é xa unha cita consolidada de cada Nadal. Na súa terceira edición, o Concello apunta a un "exito de convocatoria". A cita, que forma parte da programación de Vivir o Nadal en Soutomaior, está pensada para todas as idades, aínda que os menores de 14 anos tiveron que ir acompañados dunha persoa adulta todo o percorrido. Trátase dunha carreira solidaria na que se recolleron alimentos non perecedoiros que se destinarán ás familias máis vulnerables, repartidos por Cáritas Arcade e Cáritas de Soutomaior. Tamén é inclusiva porque responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada persoa. O percorrido realizouse co acompañamento de persoas familiares ou amigas ou persoas voluntarias. O percorrido estivo adaptado a persoas participantes con diversidade funcional, que puideron realizar un percorrido especial de aproximadamente 180 metros. Non houbo clasificación de chegada, agás os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres que tiveron un premio. O primeiro posto masculino foi para Pablo Ulla, o segundo para Ismael Lago e o terceiro para Juan José Amoedo. No cadro feminino, a primeira posición foi para Ahinoa Galán, a segunda para Judith Barros e a terceira para María Ulla. Tamén houbo tres premios ao mellores disfraces infantís, ata os 10 anos; dous premios a mellor disfrace de persoas adultas; e dous premios ao mellor disfrace colectivo. [galleries:vertical:10948]