O Concello lucense recorre ao Programa 2% Cultural do Goberno de España á procura de financiamento para o proxecto no antigo Cuartel de San Fernando, no que o Goberno galego chegara a anunciar 10 millóns de euros e despois freara. "A concesión desta axuda cubriría o 75% do investimento", sinala o alcalde, que ve "inxustificable" que a Xunta obvie o Museo da Romanización mentres "compromete fondos millonarios para outros proxectos culturais noutras cidades", coma o Cine Fraga ou o Pazo de Lourizán