Quirónsalud incorpora a estimulación eléctrica funcional, que mellora a mobilidade da man e a marcha tras dano neurolóxico

Wait 5 sec.

O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez incorporou á súa Unidade de Neurorrehabilitación unha nova tecnoloxía de estimulación eléctrica funcional que permite mellorar a recuperación da mobilidade da man e do brazo en pacientes con patoloxías neurolóxicas. Esta ferramenta tamén pode empregarse a nivel de perna para tentar acadar unha marcha máis estable e coordinada. "Este dispositivo funciona cun sistema de electrodos que estimula de maneira selectiva os músculos que perderon forza ou control tras unha lesión neurolóxica", explica Berta Burgos, neurofisioterapeuta do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez. "Está indicado para pacientes que sufriron un ictus, un traumatismo cranioencefálico ou calquera enfermidade que ocasione que o sistema nervioso non funcione correctamente e, como consecuencia, o paciente perda forza ou funcionalidade nunha man ou nunha perna", engade Sonia Gil, terapeuta ocupacional da Unidade de Neurorrehabilitación. REAPRENDER O MOVEMENTO O sistema aplica impulsos eléctricos controlados que activan os nervios motores, xerando contraccións musculares coordinadas e axudando a reproducir movementos naturais como abrir a man, coller obxectos ou manter a estabilidade do brazo durante unha tarefa. Grazas a esta estimulación, o corpo "reaprende" a moverse e poténciase a plasticidade cerebral, esencial nos procesos de recuperación neurolóxica. "Con este tratamento, os pacientes recuperan actividades da vida diaria como abrir unha botella ou suxeitar un vaso e levalo ata a boca", sinala a terapeuta ocupacional. "Nos pacientes con afectación neurolóxica, este tipo de estimulación complementa o traballo manual que realizamos a diario, permite intensificar o tratamento rehabilitador e acadar resultados que serían difíciles de lograr só coa terapia convencional", apunta Sonia Gil. Indicada para o tratamento de ictus, lesións medulares, esclerose múltiple ou traumatismos cranioencefálicos, esta tecnoloxía conta con aval científico internacional que demostra melloras significativas na forza, na coordinación e na funcionalidade das extremidades. Coa súa incorporación, o Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez reforza o seu compromiso coa innovación clínica e con ofrecer aos seus pacientes tratamentos de vangarda en neurorrehabilitación, orientados a recuperar a autonomía e mellorar a calidade de vida das persoas con dano neurolóxico. Fesia en manHospital QuirónSalud Miguel Domínguez SOBRE QUIRÓNSALUD Quirónsalud é o grupo de saúde líder en España e, xunto coa súa matriz Fresenius-Helios, tamén en Europa. Ademais da súa actividade en España, Quirónsalud está tamén presente en Latinoamérica. En conxunto, conta con máis de 50.000 profesionais en máis de 180 centros sanitarios, entre os que se atopan 57 hospitais con máis de 8.000 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun gran equipo de profesionais altamente especializados e de prestixio internacional. Entre os seus centros atópanse o Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitari Dexeus, Policlínica Gipuzkoa, Hospital Universitari General de Catalunya, Hospital Quirónsalud Sagrado Corazón, etc. O Grupo traballa na promoción da docencia (once dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico-científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, acreditado polo Ministerio de Ciencia e Innovación). Así mesmo, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións. Na actualidade, Quirónsalud está a desenvolver multitude de proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste eido unha labor pioneira, sendo referencia en diferentes especialidades como oncoloxía, cardioloxía, endocrinoloxía, xinecoloxía e neurología, entre outras.