Os bancos da Avenida de Santa María e do parque de Rosalía de Castro recuperan a súa luz

Wait 5 sec.

Desde esta semana volven a estar operativas as iluminacións ornamentais do banco da Avenida de Santa María e dos bancos do parque de Rosalía de Castro, na Avenida de Compostela. Foi tras os labores de mantemento que encargou o departamento municipal de servizos urbanos básicos, que dirixe o edil Xaquín Moreda. Os traballos foron similares nos dous casos. Revisáronse as estruturas eléctricas e de iluminación, localizáronse as avarías e reparáronse as luminarias de ámbolos dous bancos. Todo este proceso de revisión supuxo a substitución das tiras de luces, perfís, cableado, fontes de alimentación e programadores. Esta iluminación baixa nos espazos públicos, recorda Moreda, "é máis sensible que en altura" dado que está máis afectada pola chuvia e pola humidade. Iluminación ornamental nos bancos do parque de Rosalía de CastroConcello de Pontevedra Pero a evolución tecnolóxica permite ir reparando e substituíndo a vella por luminarias máis estancas e resistentes a estas inclemencias. O concelleiro considera que aínda que poidan parecer pequenas actuacións de pequenas contías, as dúas agora instaladas roldan os 3.000 euros cada unha, "non son menos importantes" para mellorar a calidade de vida da veciñanza e a imaxe dos espazos públicos. Estes traballos de revisión, reparación ou substitución da tecnoloxía, de ser o caso, da iluminación pública da cidade continuarán en novas zonas. Así, xa se traballa na rúa Don Gonzalo, baixo o arco do edificio Méndez Núñez e o seu magnolio para reparar os proxectores instalados no chan así como na iluminación ornamental do propio arco.