Polbo, zamburiñas e navallas, os 'reis' no arranque da Festa do Marisco

Wait 5 sec.

Satisfacción. É o sentimento que embriaga aos organizadores da Festa do Marisco do Grove que, en apenas tres días e medio, lograron despachar máis de 59.000 racións. Con estas cifras, a edición de 2025 -a número 62 desta festa- sitúase xa como a segunda mellor desde que hai rexistros, só por detrás da do ano 2023. Desde o pasado xoves -e ata este domingo ás cinco da tarde-, os pratos máis vendidos o polbo, que suma 3.420 racións e as zamburiñas con 2.907, seguidas de preto polas navallas con 2.704 elaboracións. Houbo que esperar tamén con paciencia para retirar outros produtos como as croquetas, as empanadas, os mexillóns ou dous dos pratos tradicionais, os fideos mariñeiros e o arroz. Pola súa banda, os dous novos produtos que se serven na edición deste ano tiveron tamén bastante boa acollida. Polbo na Festa do Marisco do GroveConcello de O Grove Así, da xiba con fideo negro servíronse 876 racións e da torrada caramelizada ao forno con crema de augardente, ata 509. Tamén tiveron gran éxito as actividades paralelas desta fin de semana, especialmente a décima reunión de Lamvrespas con 300 participantes, que fixeron un vistoso roteiro cos seus vehículos por toda a localidade. Actuacións de baile folclórico ou as actividades por mar, desenvoltas polos Amigos da Dorna Meca, obtiveron o respaldo do público. E os concertos na carpa da Praza do Corgo, unha vez máis, atraeron por centos de persoas, sobre todo a actuación o sábado de León Benavente e Alberto y García ou a que o venres xuntou a El Bugg y Las Ninyas del Corro. Reunión de 'Lamvrespas' na Festa do Marisco de O GroveConcello de O Grove Concerto de León Benavente na Festa do Marisco do GroveConcello de O Grove