Positiva estrea de Jéssica Bouzas no último torneo WTA 1.000 da tempada, o Wuhan Open que se disputa en China. Nun duelo marcado polas altas temperaturas, que obrigaron a atrasar o partido, a tenista arousá arrincou con paso firme vencendo a francesa Varvara Gracheva, número 82 do ranking mundial. Bouzas superou o envite nunha hora e vinte e catro minutos gañando en dúas mangas, por 7-6 e 6-2. Unha estrea convicente e que lle permite mirar xa hacian o duro obstáculo que espera na segunda rolda. Esa rival é unha das tenistas máis en forma do circuíto, a estadounidense Amanda Anisimova. Trátase da actual número 4 da WTA e que esta tempada foi finalista en dous dos grandes, Wimbledon e o recente US Open. Ademais vén de levantar o título do China Open disputado en Beijing. Será a primeira vez que ambas as dúas se midan cara a cara nun torneo profesional. Este triunfo en primeira rolda do WTA 1.000 de Wuahn permite a Jéssica Bouzas situarse virtualmente e á espera do resto de resultados desta semana no posto 40 da clasificación mundial, igualando o máis alto da súa carreira.