A Milla Urbana San Miguel celebrou este sábado en Marín o seu XXVI edición, consolidándose como unha cita imprescindible para o atletismo galego. Máis de 400 atletas déronse cita no clásico circuíto da Avenida de Ourense ata a Praza de España, dentro do programa festivo de San Miguel que cada ano suma deporte e ambiente popular á vila marinense. A xornada comezou ás 18.00 horas coas probas de categorías menores (Sub16, Sub14, Sub12, Sub10 e os máis pequenos), e continuou coas carreiras populares ás 20.20 horas. As probas elite, tanto feminina como masculina, puxeron o punto final. As probas deportivas ofreceron un altísimo nivel, con Eva Piñel, do Club Atletismo Feminino Celta, proclamándose vencedora na categoría elite feminina. Seguiuna Sabela Martínez, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, e Ángela Fernández, do Comesaña Sporting Club. Na elite masculina David de la Fuente, do Club Deportivo Pinarium, levou o triunfo, por diante de Anxo Bello (Atletismo Narón) e Pablo Bocelo (Sociedad Gimnástica). Na proba de 5 quilómetros feminina, a primeira en chegar á meta foi Tere Parrado (Club Atletismo Santiago), con Marta Fernández (Comesaña Sporting Club) en segunda posición e Sarah Diz (Sociedad Gimnástica) completando o podio. Na masculina, pola súa banda, Gustavo Santiago (CD Pinarium) foi o gañador, seguido de Yago González (Miler Running Club) e Hugo Collazo (Sociedad Gimnástica). [galleries:vertical:10758]