Triunfo do Arosa (0-2) O Arosa freou o imparable inicio de liga do líder Alondras tras gañar 0-2 no campo do Morrazo. O cadro local, que ata agora acumulaba nove puntos de nove posibles, non puido manter a súa serie e caeu ante un equipo arlequinado que soubo aproveitar as súas ocasións. O encontro foi moi igualado na primeira parte, pero os visitantes adiantáronse xusto antes do descanso cun tanto de Concheiro desde os once metros (min. 44). O Alondras buscou a reacción na segunda metade, pero foi o Arosa o que ampliou a vantaxe no minuto 74, cunha volea coa dereita de Gabriel Palmás que sentenciou o partido. Os de Cangas, ademais, quedaron con dez xogadores pola expulsión de Gonzalo Fernández no minuto 85. Consulta a acta neste enlace Derrota do Cambados (0-1) En Burgáns, o CD Barco logrou unha vitoria balsámica ante o Cambados coa que pon fin á súa mala serie. Os valdeorreses levaban tres derrotas seguidas e sen anotar un gol no inicio de tempada, pero nesta xornada atopárono da man de Miguel Freiría, que anotou o único tanto do partido no minuto 55. Consulta a acta neste enlace Empate entre Céltiga e Compostela (1-1) O Céltiga arrincou un valioso empate como local fronte ao favorito para o ascenso, a SD Compostela. O equipo da Illa afrontou o duelo con importantes baixas en defensa e soubo contrarrestar con orde ao seu rival. Adri Rodríguez adiantou aos locais no minuto 36, pero o Compos empatou na segunda parte mediante un penalti transformado por Mateo Arellano no minuto 49. Consulta a acta neste enlace