O barrio da Seca revive a súa memoria

Wait 5 sec.

A historia do barrio pontevedrés da Seca será protagonista o vindeiro xoves 2 de outubro cunha actividade aberta ao público. A partir das 20.00 horas, a Aula Anexa do Edificio da Cruz Vermella (Rúa Cruz Vermella, 26) acollerá a exposición e conferencia 'Historias do barrio da Seca', ofrecida polo editor, escritor e experto en fotografía histórica Enrique Acuña. A charla propón unha viaxe pola evolución deste emblemático barrio, dende Santa Margarida ata Santa Clara, repasando as súas raíces tradicionais e a súa transformación ao longo do tempo. Acuña afondará nas vivencias da xente común, como as lavandeiras anónimas, así como nas traxectorias de persoas públicas que marcaron o carácter da zona. Esta actividade gratuíta está organizada pola Mesa pola recuperación do río Valdecorvos, coa colaboración do Concello de Pontevedra e da delegación en Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia. As persoas interesadas en asistir teñen que inscribirse previamente a través da sección Apúntate na web do Concello.