O Pontevedra CF sumou este sábado tres puntos vitais de cara á permanencia no derbi galego disputado no Couto fronte ao Ourense CF. O partido foi unha auténtica batalla física que se saldou con dous penaltis a favor dos granates e unha expulsión no equipo local. Desde o asubío inicial o choque desenvolveuse con máxima tensión, especialmente por parte dos locais, que empregaron unha dose extra de agresividade que se traduciu en constantes faltas, e as súas consecuentes amarelas, e moi pouco fútbol. A iso hai que sumar a pouca circulación de balón por culpa do mal estado do terreo de xogo. A pesar diso, a primeira chegada clara produciuse no minuto 5 de xogo cun gol do Ourense anulado por falta previa sobre Montoro. Foi a primeira vez que entrou o VAR no partido. Sufriu o Pontevedra ese primeiro achegamento, pero co paso dos minutos foi crecendo e empezou asomarse en campo rival. Así, ao cuarto de hora, chegou a xogada que dinamitou o encontro. Un envío bombeado ao interior da área local acabou cunha cabezada de Carmona sobre Brais Abelenda que o colexiado non dubidou en sinalar penalti. Desde os once metros, Alain Ribeiro non fallou. Axustou o disparo a media altura con potencia, Álvaro adiviñou o lado, pero non logrou evitar o 0-1. Partido entre Pontevedra e Ourense CF no CoutoPontevedra CF Un minuto despois, o VAR reapareceu para revisar unha "man" na área granate e que quedou en falta a favor do Ourense desde a media lúa. Sen apenas continuidade no xogo, con moitos balóns divididos e constantes faltas, a seguinte ocasión clara volveu ser a favor do Pontevedra, pero Juanra tardou demasiado en tomar unha decisión e Álvaro detivo o disparo. Entrou o partido nos seis minutos de desconto e, cando a primeira metade parecía pecharse, o tempo extra engadiu máis leña ao lume. Enol Coto abrazou a Resende cando estaba a saltar para rematar e o colexiado non dubidou en sinalar penalti e mostrar cartón vermello ao defensor do Ourense. Desde o once metros, Brais Abelenda tampouco perdoou e, cun disparo centrado, ampliou a vantaxe a favor do cadro lerezano. Partido entre Pontevedra e Ourense CF no CoutoPontevedra CF Nada máis arrincar a segunda metade, o Pontevedra estivo a punto de facer o 0-3. Brais plantouse só ante Álvaro, pero o gardameta local gañoulle a partida. Ademais, a xogada fora invalidada por fóra de xogo inexistente. A intensidade baixou en tensión e o Ourense asumiu riscos en busca de recortar distancias e meterse de novo no partido mentres os granates, con todo de cara, só tiñan que defender ben. De feito é que a única acción de perigo do Pontevedra chegou no minuto 70 tras un envío de Marqueta desde a súa propia portaría que Alain cruzou demasiado. E de ter o enfrontamento controlado, chegou o sufrimento. Os locais deron un paso adiante a pesar de estar en inferioridade numérica, asediando con continuas chegadas a portaría granate. E tanto vai o cántaro á fonte... Que o gol chegou. Transición de banda dereita a esquerda e centro que rematou Guerrero. Marqueta despexou, o balón cazouno Kensly e puxo o 1-2 no minuto 86. Continuou remando o Ourense en busca do gol do empate e tivo as súas oportunidades a balón parado, pero o Pontevedra soubo resistir, aínda que con problemas, para sumar tres puntos no Couto que serán vitais de cara á permanencia. Equipo inicial do Pontevedra contra o Ourense CF no CoutoPontevedra CF OURENSE CF (1): Álvaro, Enol Coto, Hugo Sanz (David Muñoz, min. 61), Carmona (Prado, min. 61), Amín, Jerin, Kensly, Aranzabe (Camus, min. 76), Adri Pérez (Jelbat, min. 46), Omar (Guerrero, min 46) e Yuste. PONTEVEDRA CF (2): Marqueta, Víctor Eimil, Miki Bosch, Alain Ribeiro (Luisao, min. 72), Brais Abelenda (Dani Selma, min. 72), Yelko, Resende (Ález González, min. 60), Juanra, Vidorreta, Montoro e Tiago (Marcos Denia, min. 78). Árbitro: Néstor Holgueras (Castela e León), asistido en bandas por Jesús Rodrigo e Sergio Martín. Amonestou a Hugo Sanz (30'), Carmona (38'), Kensly Vázquez (39'), Amín (45+7), Álvaro Yuste (83') no Ourense e a Miki Bosch (22'), Montoro (35'), Alain (66'), Yelko (78'), Denia (90') no Pontevedra. Expulsou con vermella directa a Enol Coto no minuto 45+5. Goles: 0-1, Alain Ribeiro (p.), min. 18. 0-2, Brais Abelenda (p.), min 45+5. 1-2, Kensly, min. 86. Incidencias: Partido da quinta xornada de liga en Primeira RFEF disputado no Estadio do Couto.