O Tenis de Mesa Monte Porreiro sufriu unha dura derrota no arranque da Superdivisión masculina tras caer 0-4 ante o Alacant TM. Miguel Ángel Vílchez foi o primeiro en saltar á cancha, pero non puido superar a Diego Lillo, perdendo por 1-3. Vílchez foi o único xogador do conxunto pontevedrés que logrou gañar un xogo en todo o encontro, mentres que o resto dos seus compañeiros non conseguiron rascar nin un só parcial, cedendo todos os seus partidos por 0-3. No segundo enfrontamento, Bentancor tamén cedeu fronte a Marek Piotr. Aínda que no primeiro xogo dominou de forma clara o xogador visitante, os dous seguinte estiveron moi igualados e resolvéronse con senllos 9-11 que deron a vitoria ao do Alicante. O terceiro partido, e neste caso definitivo, enfrontou a Nico Galvano contra Alberto Lillo. O duelo estivo dominado polo xogador alacantino, que sentenciou por un claro 0-3 que deu a vitoria ao seu equipo. O 0-4 definitivo chego do enfrontamento non disputado entre Vílchez e Marek Piotr. O seguinte enfrontamento do conxunto pontevedrés será o 24 de outubro en terras valencianas fronte ao Hortitec Alzira TT, quen tamén perdeu no seu debut ligueiro ante o CTT Olot de Xirona. Consulta a acta nesta ligazón [galleries:vertical:10755]