Os populares alíanse con catro dos cinco edís do PBBI para quitar o bastón de mando aos nacionalistas e rachar co bipartito que gobernaba a localidade desde 2023. O aínda rexedor, Pérez Barral, cualifica de "bochornosa" e de "vergoña allea" unha "operación que só responde só aos intereses partidistas e particulares" das dúas formacións.