O Museo Municipal Manuel Torres de Marín acolleu o acto de clausura do Programa Integrado de Emprego (PIE), unha iniciativa da que se beneficiaron 100 mulleres. Estas 100 beneficiarias puideron mellorar as súas competencias profesionais de cara a aumentar a posible inserción laboral futura. A alcaldesa, María Ramallo, pechou o acto animando ás usuarias a "formarse e competir" nun mercado laboral que recoñeceu como complexo, pero no que "chegar cos deberes feitos sempre é a mellor garantía". Ramallo tamén asegurou que o Concello continuará solicitando novos Programas Integrados de Emprego e Obradoiros de Emprego, para que estas iniciativas cheguen ao maior número de persoas posible. "Sembrando, sempre acaba dando resultado", concluíu María Ramallo. Participantes do programa integrado de emprego en MarínConcello de Marín O director do programa, Óscar Rey, abriu o acto destacando as múltiples saídas laborais ás que se encamiñaron ao longo destes meses. Subliñou tamén o carácter humano e de acompañamento que marcou esta edición, incidindo en que este tipo de programas non só ofrecen formación, senón tamén apoio continuo para favorecer a inserción laboral. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, salientou que "a mellor política social é a política de emprego" e puxo en valor a formación como ferramenta esencial para mellorar a empregabilidade. O Concello de Marín contou cunha subvención de 170.000 euros para este programa. Participantes do programa integrado de emprego en MarínConcello de Marín