O Arxil lembra a Maite Méndez nunha emotiva homenaxe

Wait 5 sec.

O Club Baloncesto Arxil celebrou este domingo 28 de setembro o segundo memorial en honra a Maite Méndez, a adestradora que dirixiu durante décadas ao equipo pontevedrés e que faleceu en abril de 2024. O evento, celebrado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), enfrontou ao equipo sénior actual de Liga Feminina 2 contra un combinado de ex xogadoras que estiveron baixo as ordes da adestradora. As participantes renderon homenaxe lucindo camisetas conmemorativas deseñadas pola ex xogadora verde Heather Forster. Ademais do partido, a xornada incluíu unha comida posterior para todas as participantes nun ambiente emotivo e familiar que lembrou con agarimo a figura de quen foi a máxima representante e símbolo do baloncesto feminino de Pontevedra. Esta cita tamén serviu como preparación para a tempada ligueira, que dará comezo o próximo sábado 4 de outubro. O equipo pontevedrés, recentemente descendido da liga Challenge, arrincará a nova campaña enfrontándose ao Ibaizabal no CGTD a partir das 19:30 horas. [galleries:vertical:10761]