Poio converteuse este sábado no epicentro do taekwondo nacional coa celebración da Copa de España de Kukkiwon. O evento, celebrado no pavillón da Seca, reuniu a máis de 600 deportistas de toda a península. Os participantes competiron nas modalidades de Poomsae e Saltos, nas súas variantes de altura (tuio nopi chagui) e lonxitude (tuio yopchagui). A competición desenvolveuse de 9:00 a 14:00 horas coas probas técnicas para adultos e categorías escolares, coa súa posterior entrega de trofeos. O evento continuou pola tarde on a modalidade de freestyle (desde as 16:00) e rompimientos (a partir das 18:00). Copa de España de KukkiwonConcello de Poio Así mesmo, aproveitando a infraestrutura do evento, celebrouse a Copa de España de Exhibición. A competición estivo organizada pola Real Federación Española de Taekwondo coa colaboración da Kukkiwon en Corea e España, e a Federación Galega; a Xunta de Galicia; a Deputación de Pontevedra; o Concello de Poio e o Club Mace Sport. A organización destacou o éxito desta edición, que consolida a Poio e á provincia de Pontevedra como un gran escenario para este deporte.