Neste episodio do podcast 'Cara a cara' traemos catro novelas. As que até a data leva publicadas o autor pontevedrés, de Vigo exactamente, Samuel Ferro. Ademais de autor, tamén é o seu propio editor, aínda que o primeiro dos libros saíu ao mercado cunha editorial allea a el. Tras aquela primeira publicación, decidiu levar as rendas de todo o proceso. Co seu selo, as iniciais do nome e apelido, recuperou os dereitos de 'El legado de Breogán', e tras 'Más allá del fin del mundo', este verán completou con 'Camino al purgatorio' a triloxía 'Tierra de leyenda'. Trátase dunha ficción histórica, onde a Galicia medieval é o principal escenario das aventuras dos seus protagonistas. Antes de completar a triloxía publicou unha novela negra ambientada na ría de Vigo. 'A queimada das ánimas', que se pode atopar en galego máis en castelán.